Pasar al contenido principal

R. MONTE DO GOZO. JOAO NUNES, CRISTINA GARCIA Y OLAestudio.

SANTIAGO. EN CONSTRUCCIÓN. 2016.

Asociados os paisaxistas Joao Nunes (PROAP)  e Cristina GArcía Fontán estamos a executar a remodelación do Monte Do Gozo, Santiago de Compostela. Remodelar este espacio, abrilo a cidade e ser a nova imaxe para quen nos visita. O Monte do Gozo e a  antesala a cidade. Un mirador e un lugar previo de descanso para o peregrino.  Pensanse coma un xardin formado por tres grandes orlas verdes. Os vacios verdes centrais rodeados polas novas árbores. Todo un conxunto de muros de pedra como bancos e socalcos acompaña os camiños. As vistas lonxanas da cidade e a catedral despexanse de eucaliptos e arbores de porte. 

Este novo espacio verde buscar abrirse os veciños de Santiago, un novo espacio de referencia e lecer.

O proxecto debe dar resposta a construción dunha piscina exterior para uso publico na lagoa do Monte do Gozo. A súa vez proxectaranse os espazos perimetrais para construir  a praia fluvial de uso público. Esta praia empregará todo o conxunto de servizos da piscina para o  funcionamento conxunto de toda  a instalación.

 

                        Programa proposto:

Piscina adultos: 249m2

                        Piscina nenos: 122m2

                        Pediluvio: 21m2

                        Acesos e espazos de descanso.

                        Cuartos de instalacións.

                        Vestiarios, aseos e en xeral todo o conxunto de necesidades que a normativa, tanto estatal coma autonómica, defina.

Areas de descanso e espazos o aire libre.

 

                        Construir unha piscina nunha lagoa, no interior dunha lagoa. Construir unha nova praia fluvial para a cidade de Santiago e os nosos visitantes. Aproveitar a magnifica instalación do graderío e instalacións do auditorio, aproveitar os edificios e sacar a luz un espazo escondido para os veciños.

 

                        Estas son as preguntas e estas son as respostas.

 

1.        Todo o conxunto de vestiarios actuais próximos o albergue acondiciónanse para o uso de praia fluvial.

2.        O aceso prodúcese polas taquillas actuais.

3.        O bar  actual pasa a formar parte da instalación.

4.        A praia fluvial esténdese por todo o espazo do graderío. O auditorio, con orientación sur, soleado todo o día, convertese en espazo de estancia, de xogos, de reunión. Todos os arredores convértense nos espazos para estar sobre o céspede. Esta instalación xa está pechada en equipada co que a intervención e mínima.

De súpeto, este espazo pechado e agochado, pasa a ser a nova praia fluvial de Santiago.

5.        As piscinas están dentro da auga. Bañarse dentro da lagoa. Sobre as augas unhas plataformas de formigón e pedra constrúen os espazos de estar e pasar. De sentar e tomar o sol. De bañarse.

A piscina tamén se converten en ponte. Os hexágonos que constrúen o conxunto conectan unha beira  ca outra. Deste xeito acótase o espazo de cativos no espazo máis facilmente controlable.

6.        As piscinas non funcionan todo o ano, pero este novo parque si debe ser disfrutado todo o ano. As piscinas ponte permiten ter aberto o graderío durante o inverno para todo tipo de actividades e deportes. A forma e material das piscinas ten que resistir o paso do tempo e a súa falta de uso en inverno. O formigón e a pedra dan resposta a esta pregunta.

7.        Arquitectura pregnante, exposta e tendida. Arquitectura para estar e pasear. Arquitectura para descansar  sobre as augas dunha lagoa.

Créditos

Cliente: 
AXENCIA TURISMO DE GALICIA. XUNTA DE GALICIA.
Tipo: 
PAISAJISMO.
Localización: 
SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Estado: 
E N CONSTRUCCIÓN.