Pasar al contenido principal

PISCINAS EN EL MONTE DO GOZO.

SANTIAGO. CONSTRUIDO 2017.

Construir unha piscina nunha lagoa, no interior dunha lagoa. Construir unha nova praia fluvial para a cidade de Santiago e os nosos visitantes. Aproveitar a magnifica instalación do graderío e instalacións do auditorio, aproveitar os edificios e sacar a luz un espazo escondido para os veciños.

Estas son as preguntas e estas son as respostas.

1.        Todo o conxunto de vestiarios actuais próximos o albergue acondiciónanse para o uso de praia fluvial.

2.        O aceso prodúcese polas taquillas actuais.

3.        O bar  actual pasa a formar parte da instalación.

4.        A praia fluvial esténdese por todo o espazo do graderío. O auditorio, con orientación sur, soleado todo o día, convertese en espazo de estancia, de xogos, de reunión. Todos os arredores convértense nos espazos para estar sobre o céspede. Esta instalación xa está pechada en equipada co que a intervención e mínima.

De súpeto, este espazo pechado e agochado, pasa a ser a nova praia fluvial de Santiago.

5.        As piscinas están dentro da auga. Bañarse dentro da lagoa. Sobre as augas unhas plataformas de formigón e pedra constrúen os espazos de estar e pasar. De sentar e tomar o sol. De bañarse.

A piscina tamén se converten en ponte. Os hexágonos que constrúen o conxunto conectan unha beira  ca outra. Deste xeito acótase o espazo de cativos no espazo máis facilmente controlable.

6.        As piscinas non funcionan todo o ano, pero este novo parque si debe ser disfrutado todo o ano. As piscinas ponte permiten ter aberto o graderío durante o inverno para todo tipo de actividades e deportes. A forma e material das piscinas ten que resistir o paso do tempo e a súa falta de uso en inverno. O formigón e a pedra dan resposta a esta pregunta.

7.        Arquitectura pregnante, exposta e tendida. Arquitectura para estar e pasear. Arquitectura para descansar  sobre as augas dunha lagoa.

Créditos

Cliente: 
AXENCIA GALEGA DE TURISMO. XUNTA DE GALICIA.
Tipo: 
PUBLICO.
Localización: 
SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Estado: 
CONSTRUIDO.